Achan unha escultura da fachada do Pórtico da Gloria na torre sur da Catedral

Actualizado: viernes, 21 octubre 2016 19:49

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 21 Oct. (EUROPA PRESS) -

As obras de restauración que se están a levar a cabo na torre sur da Catedral de Santiago permitiron localizar unha escultura da escola do Mestre Mateo procedente da fachada medieval do Pórtico da Gloria, que se atopaba oculta e enterrada nun pequeno habitáculo da base.

O achado foi anunciado este venres polo director da Fundación Catedral, Daniel Lorenzo, que destacou que a escultura, de 1,85 metros de alto e que representa probablemente un profeta, puido ser depositada nesta localización no século XVI, cando se desmontou a fachada medieval que cubría entón o Pórtico de Gloria. Neste lugar foi cuberta de terra e permaneceu perdida ata agora.

A peza é unha das oito que se conservan da fachada medieval da Catedral, aínda que ten a particularidade de ser a única que non foi intervida e, polo tanto, conserva a columna á que estaba pegada.

A figura, que ten nimbo pero non ás, porta ademais unha lenda de gran tamaño e está descalzo, polo que os expertos, que a datan de en torno ao ano 1200, cren que podería ser un profeta. A peza está completa a excepción da cabeza, que falta, dado que era habitual que cando as figuras se desbotaban se lles retirase a cabeza.

(Haberá ampliación)