Activada a 'situación 2' no incendio forestal rexistrado en Verín (Ourense)

Publicado: domingo, 28 agosto 2016 20:35

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 28 Ago. (EUROPA PRESS) -

   A Consellería do Medio Rural declarou ás 18,53 horas, como medida preventiva, a 'situación 2' no incendio forestal activo no Concello de Verín, parroquia de Tintores.

   Esta situación operativa de emerxencia declárase porque o lume pode afectar á poboación e a bens non forestais, e require a adopción inmediata de medidas de protección e socorro.

   O lume iniciouse ás 17,55 horas e permanece activo polo de agora. Segundo as primeiras estimacións, a superficie afectada é de 10 hectáreas. No seu control, traballan un técnico, tres axentes, oito brigadas catro motobombas, unha pa, sete helicópteros e catro avións.