Activo un incendio forestal no parque natural do Xurés

Actualizado: martes, 31 marzo 2015 15:18

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 31 Mar. (EUROPA PRESS) -

   Un incendio forestal declarouse ás 11,00 horas deste martes no Concello de Lobios (Ourense), na parroquia de Río Caldo, no parque natural do Xurés, que polo momento queimou unhas 3 hectáreas, segundo as primeiras estimacións.

   Diso informaron a Europa Press fontes da Consellería de Medio Rural, que sinalan que debido a que é unha zona abrupta existen dificultades para que poida acceder o transporte terrestre para labores de extinción.

   De tal forma, colaboran nas tarefas para apagar o lume un total de 6 helicópteros. Así mesmo, hai 8 brigadas, 2 axentes, 1 grumir e 2 motobombas.