Un adulto e catro nenos feridos nunha colisión en Cangas (Pontevedra)

Publicado: sábado, 24 junio 2017 19:17

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 24 Jun. (EUROPA PRESS) -

   Unha colisión entre dous vehículos rexistrada este sábado pola tarde en Cangas (Pontevedra) saldouse con cinco persoas feridas, catro delas menores de idade.

   O accidente tivo lugar en Aldán, na estrada que vai a Bueu, segundo indicou o CAE 112 Galicia.

   O 112 tivo coñecemento dos feitos ás 14:45 horas deste sábado a través dun aviso de Urxencias Médicas. En concreto, os efectivos sanitarios indicaron que un dos vehículos continuou a súa marcha despois do sinistro.

   O persoal do 112 informou do ocorrido aos Bombeiros do Morrazo, Protección Civil e Garda Civil de Tráfico.