A afiliación á Seguridade Social sobe en 6.592 persoas en xuño en Galicia

La Seguridad Social gana 55.334 afiliados extranjeros en mayo, su mayor repunte
EUROPA PRESS
Actualizado: jueves, 2 julio 2015 10:20

   O maior incremento por provincias rexístrase en Pontevedra, do 1,2% intermensual e do 3,26% interanual

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 2 Jul. (EUROPA PRESS) -

   A Seguridade Social gañou en xuño unha media de 6.592 afiliados en Galicia en relación con maio, o que supón un incremento do 0,7%, por enriba da suba da media (+0,2%), de acordo cos datos que publica este xoves o Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

   Así, o total ascendeu ata 943.930 cotizantes, 22.263 máis que en xuño de 2014, o que representa un aumento interanual medio do 2,42%, algo inferior ao do conxunto estatal (+3,42%).

   Por provincias, a maior suba intermensual na comunidade galega deuse en Pontevedra, cun 1,2% máis de afiliados, ou o que é o mesmo, 3.848 persoas máis dadas de alta na Seguridade Social, que situaron o total en 324.759.

   En Lugo, a Seguridade Social sumou 672 cotizantes, un 0,58% máis; fronte aos 1.725 que gañou en A Coruña (+0,43%) e os 347 de Ourense (+0,35%).

   A variación con respecto ao mesmo período do pasado exercicio reflicte un maior incremento tamén en Pontevedra, do 3,26%, con 10.240 afiliados máis de media. Na Coruña ascenderon en 9.112, un 2,31%; e en Lugo fixérono nun 1,54%, con 1.772 persoas máis; fronte ao 1,16% de Ourense, que sumou 1.139 persoas de alta.

   Por réximes, en Galicia os afiliados distribúense entre o xeneral, con 704.994; o de autónomos, con 218.256 e o de mar, con 20.680.

   Pola súa banda, o réxime xeral repártese entre os 672.464 cotizantes no subtipo xeral, 4.852 no sector agrario e 27.678 no do fogar.

CONXUNTO ESTATAL

   No conxunto estatal, a Seguridade Social gañou en xuño unha media de 35.085 afiliados (+0,2%) respecto ao mes anterior, o que situou o número de ocupados en 17.256.395 cotizantes.

   O Ministerio de Emprego destacou que, con este crecemento a lexislatura "xa é positiva" en termos de afiliación", pois hai actualmente máis ocupados dos que había en decembro de 2011.

   Non obstante, o repunte de xuño é inferior ao rexistrado o ano pasado, cando a afiliación creceu en 56.622 persoas. No último ano, o sistema suma 571.400 afiliados máis, o que se traduce nun crecemento interanual da afiliación do 3,42%.