O alcalde de Ferrol "respecta" e ve "lexítima" a petición de chofer, secretario e compensación económica de Villares

Actualizado: miércoles, 26 octubre 2016 18:30

Jorge Suárez cre que este asunto "nunca debería de saír do ámbito interno"

FERROL, 26 Oct. (EUROPA PRESS) -

O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez (FeC), asegurou que "respecta" e vai "unha petición lexítima" a decisión do voceiro no Parlamento de En Marea, Luís Villares, que trasladou a coordinadora provisional do partido instrumental unha solicitude na que reclama a contratación de persoal de apoio -un chofer e un secretario-, ademais de que se estude "unha compensación das rendas salariais" que deixou de percibir dende o momento no que foi escollido candidato da formación á Xunta en primarias -dez días despois de presentar a súa excedencia como maxistrado-.

O líder de Ferrol en común trasladou que esta petición "terá que ser resolta no seo da coordinadora de En Marea e dixo que apelou á "austeridade". "Coa que debemos de dar exemplo en determinados privilexios, como coche oficial ou salarios", sinalou. "E isto non nos pode facer caer xa na precariedade laboral", engadiu.

OS ALCALDES NON TEÑEN VOTO

A preguntas dos medidos de comunicicación, Suárez tamén trasladou que el "nunca" defendeu "a nova política". "Non hai nova e vella política, o que hai é política decente e indecente e penso que toda petición é lexítima cando serve para representar mellor as persoas que che votaron", puntualizou.

Suárez concluíu que non ten que tomar a decisión". "A que ten que tomala é a coordinadora da que formo parte", aclarou, ademais de manifestar que "isto se debería de tratar no seo interno e nunca debería de saír dese ámbito". Finalmente, recordou que na coordinadora "os alcaldes teñen voz, pero non voto".