O alcalde de Ourense anuncia que non concorrerá ás primarias para que "outros poidan pasar con novas ideas"

Agustín Fernández
ROSA VEIGA
Actualizado: viernes, 19 septiembre 2014 12:24

OURENSE, 19 Sep. (EUROPA PRESS) -

O alcalde de Ourense, o socialista Agustín Fernández, anunciou este venres a súa intención de non se presentar tras unha reflexión "serena e prolongada" para "dar un paso a un lado para que outros poidan pasar con novas ideas".

O anuncio produciuse nunha rolda de prensa convocada uns 45 minutos antes da súa celebración e con carácter urxente. Na comparecencia explicou a súa decisión dúas días despois de declarar como imputado ante o xuíz que instrúe a causa das vivendas e aparcamento da Praza de Santo Antón, igual que os demais integrantes de dúas xuntas de goberno dos anos 2007 e 2009 nas que el era edil de Facenda.

Vinte e catro horas antes do anuncio de Fernández, el mesmo e a secretaria xeral da agrupación local, Carmen Rodríguez, instaron os militantes a asinar a petición de primarias como ferramenta para conseguir a "maior transparencia e ilusión".

(HABERÁ AMPLIACIÓN)