Controlado un incendio que afecta o municipio coruñés de Carballo

Actualizado: lunes, 3 agosto 2015 13:38

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 3 Ago. (EUROPA PRESS) -

   Os efectivos de loita contra o lume conseguiron controlar un incendio que se rexistrou esta madrugada na localidade coruñesa de Carballo, segundo informa a Consellería de Medio Rural.

   En concreto, as lapas iniciáronse ás 02.53 horas e quedaron controladas na mañá deste luns, sobre as 08.45 horas queimando ata o de agora unhas 21 hectáreas, das que 13 de raso e o resto de arboredo, segundo as estimacións provisionais.

   No lugar atópanse traballando uns tres axentes forestais, seis brigadas, catro motobombas e unha pa, segundo os datos facilitados por medio Rural.