(AM) Ferido grave o condutor dun turismo tras sairse da vía e caer por un barranco no Saviñao (Lugo)

Actualizado: viernes, 4 septiembre 2015 19:42

LUGO, 4 Sep. (EUROPA PRESS) -

O condutor dun turismo resultou ferido de gravidade este venres tras sairse da estrada pola que circulaba co seu vehículo no termo municipal do Saviñao (Lugo). Á súa vez, o coche incendiouse tras precipitarse por un desnivel de 300 metros.

Segundo os datos facilitados polo 112 a Europa Press, o sinistro tivo lugar sobre as 12,59 horas na estrada de Currelos a Reirís no lugar de Teibel. O condutor estaba inconsciente tendido no chan, ao lado do coche.

Ao lugar foron mobilizados os Bombeiros de Chantada, a Garda Civil de Tráfico e o 061, que desprazou un médico e unha ambulancia que traslado ao ferido ao Hospital de Monforte.

O equipo de bombeiros encargouse previamente de apartar o ferido das lapas, e traballar nos labores de extinción, que finalizaron dúas horas despois tras estenderse polos arredores do vehículo.