(AMP2) Falece un motorista en Ribadavia (Ourense) nun accidente

Actualizado: sábado, 23 agosto 2014 11:41

(Actualizamos información ao concretar o 061 datos e os medios enviados ao punto do sinistro)

OURENSE, 23 Ago. (EUROPA PRESS) -

Un home duns 37 anos de idade, que responde á identidade de J.G.F., e veciño da localidade da Quinza, en Ribadavia (Ourense), faleceu este sábado tras sufrir un accidente coa motocicleta. A hipótese principal que se manexa é a perda de control do vehículo.

Segundo explicaron fontes dos servizos de emerxencias a Europa Press, a central de coordinación recibiu o aviso ás 7,05 da mañá deste sábado cando a vítima se incorporaba á rotonda pola que se accede á autovía.

O mozo circulaba por unha estrada de servizo, no seu momento pertencente á estrada xeral (a N-120), para acceder a esa rotonda de enlace coa vía de altas capacidades (A-52, que une Ourense con Vigo dende Benavente).

Aínda que se descoñecen as causas do sinistro, que aconteceu algo antes das 7,00 horas do sábado, as mesmas fontes apuntan á posible perda de control do vehículo.

Como consecuencia do sinistro foron mobilizados efectivos da Garda Civil de Tráfico, do Grupo de Emerxencias supramunicipal de Ribadavia e efectivos de Urxencias Sanitarias-061, que desprazou ao punto unha ambulancia asistencial e persoal sanitario do Punto de Atención Continuada (PAC) de Ribadavia.