(AM)Un excontable da Catedral estima que faltaba ao ano o 10% dos fondos e que a información "non se trasladaba"

Celebración del juicio por el robo del Códice.
EUROPA PRESS
Actualizado: lunes, 26 enero 2015 14:23

Pediu que se fixesen arqueos mensuais tras detectalo pero non se realizaron e o administrador díxolle que o programa "contaba mal"

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 26 Ene. (EUROPA PRESS) -

O excontable da Catedral de Santiago, Pedro Ceán, asegurou este luns que a información económica na basílica compostelana "non se trasladaba na súa totalidade", dado que existía un "silencio" en torno a este tipo de cuestións, e estimou que os desaxustes detectados supoñían a subtracción de en torno ao 10 por cento anual da caixa da Catedral.

Pedro Ceán declarou como testemuña na primeira xornada da segunda semana do xuízo polo roubo do Códice Calixtino, que acolle os xulgados de Santiago e no que están acusado José Manuel Fernández Castiñeiras, a súa muller e o seu fillo.

Ceán Pose iniciou o seu labor na Catedral de Santiago no ano 2002, baixo o mandato do administrador Manuel Iglesias, e foi o encargado de poñer en marcha un programa informático para levar as contas da basílica. Á súa chegada, o contable quixo coñecer o "saldo inicial de caixa", pero tivo que empezar a contabilidade a "cero" por descoñecer esta información. "Díxoselle ao administrador que había que contar a caixa de forma reiterada, pero el non o fixo", indicou a testemuña.

No primeiro arqueo, en agosto de 2003, o contable esperaba que "o saldo de caixa fose superior ao de contabilidade", por iniciarse a cero, pero "non foi así", polo que determinou que "faltaba diñeiro" e llo trasladou a Manuel Iglesias. Ante o tribunal, Pedro Ceán recordou que se volveron contar os fondos, pero que Manuel Iglesias lle dixo que non podía falta diñeiro porque "só había unha chave da caixa" e a tiña el. "Dime que hai un erro e mesmo me chega a dicir que o programa conta mal", recordou o excontable.

ARQUEOS MENSUAIS

Tras detectar o desaxuste, o excontable afirmou que "incidiu" ao administrador na necesidade de "facer arqueos de caixa mensualmente", algo que non se levou a cabo. De feito, dende o arqueo de 2003, Pedro Ceán contabilizou novos arqueos en 2005 e 2008.

A testemuña afirmou que ata 2005 Manuel Iglesias estivo convencido de que os desaxustes eran motivados por un "erro". Non obstante, a partir de aí, "o administrador empezou a mostrar certas dúbidas sobre que había un problema", algo que se evidenciou en 2008, cando se producen catro arqueos "case seguidos".

No ano 2006, os responsables económicos fixeron un "arqueo a tanto alzado" coa idea de "compensalo cando houbese un arqueiro real". "Iso prodúcese entre 2007 e 2008, pero aínda se detecta un déficit maior", contou o excontable.

Pedro Ceán trasladou os primeiros informes cos desaxustes ao administrador, aínda que asegurou que descoñece se este os trasladou ao Cabido. A partir de 2007, non obstante, realizouse un "informe da situación económica xeral da Catedral" que si chegou a oídos do seu goberno e formuláronse "unha serie de propostas para canalizar esta situación".

Inicialmente, narrou o excontable, se "comezaron a aplicar algunhas das melloras", como a posta en marcha dunha oficina de xestión económica, aínda que a evolución dos feitos "non foi por onde se formulaba". "Cando se empezaron a implementar as medidas, a organización empezou a renxer por diversos sitios e houbo unha marcha atrás", contou Pedro Ceán.

DEMASIADO EFECTIVO

O excontable reflectiu no seu momento nos seus informes, e reiterou este luns ante o tribunal, que o "problema" principal da economía da Catedral era dispoñer de "tanto diñeiro en efectivo" na súa caixa forte.

ÁS preguntas das partes, Pedro Ceán recordou que xa en 2003 alertou de que a Catedral realizaba "unha grande cantidade de pagamentos en efectivo", o que facía difícil cadrar a caixa. "Recomendeille que se pagase a través do banco, de transferencias ou de cheques, pero entendo que esa decisión non correspondía exclusivamente ao administrador", indicou.

O excontable estimou que o diñeiro subtraído supoñía anualmente en torno o 10 por cento da caixa e que esta podía albergar uns 20 millóns de euros ao longo de 10 anos.

FACSÍMILES

Durante a xornada deste luns declarou tamén Juan Manuel Pérez, responsable da tenda da Catedral de Santiago, un establecemento que vende facsímiles do Códice como os localizados na vivenda de Fernández Castiñeiras.

A preguntas das partes, Juan Manuel Pérez indicou que a tenda vende "máis ou menos" un destes facsímiles ao ano, dado que o seu prezo supera os 3.000 euros. A maiores, apuntou que non tivo noticia de que o acusado adquirise un destes libros, dado que algún dos empregados "o"comentaría".

"Cando se vende un libro deses é como unha pequena festa, porque se fai moita caixa", apuntou Juan Manuel Pérez, tras especificar que son adquiridos por "estudosos" e "medievalistas" para investigacións.

A testemuña indicou que Fernández Castiñeiras "pasaba todos os días pola tenda", por onde adoitaba "entrar á Catedral", aínda que nunca lle preguntou polo Códice Calixtino nin polos facsímiles.

Unha das limpiadora da Catedral, Victoria Pampín, narrou tamén ante o tribunal que nalgunha ocasión "sorprendeu" ao principal acusado "no despacho do deán", aínda que en aquel momento non le "chamou a atención", dado que cría que aínda traballaba na basílica.

En concreto, a muller recordou como nunha ocasión, na que ela tivo que empregar a súa chave para abrir a porta, sorprendeu a Fernández Castiñeiras dentro do despacho "manipulando o ordenador".