Aparece morta unha muller de 50 anos nunha piscina dunha área recreativa de Guitiriz (Lugo)

Publicado: domingo, 28 mayo 2017 19:35

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 28 May. (EUROPA PRESS) -

   O cadáver dunha muller duns 50 anos de idade apareceu flotando nunha piscina dunha área recreativa do municipio lugués de Guitiriz, segundo informou o Centro Integral de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia.

   O corpo foi localizado por un particular que deu avisou ao 112 Galicia ao redor das 12,30 horas deste domingo. O cadáver da muller atopábase flotando nunha piscina da área recreativa de Os Sete Muíños, unha zona pola que transita moita xente.

   Ata o lugar desprazouse persoal do GES de Guitiriz. O 112 tamén deu aviso a Urxencias Sanitarias 061, Bombeiros de Vilalba, Protección Civil e Garda Civil.