Atropelados tres peóns por un turismo ao saír dun garaxe en Lugo

Publicado: viernes, 16 marzo 2018 15:12

LUGO, 16 Mar. (EUROPA PRESS) -

Tres persoas de 70, 78 e 81 anos de idade foron atropeladas por un turismo cando saía dun garaxe na cidade de Lugo na mañá deste venres.

Segundo informou a Policía Local de Lugo, o atropelo tivo lugar sobre as 11,05 horas deste venres cando un vehículo saía do inmoble situado no número 7 da rúa Soto Freire.

O vehículo, conducido por J.M.F.O., de 63 anos de idade, atropelou ao tres peóns que camiñaban desde a rúa Dinan cara á Praza da Constitución.

O tres peóns, J.A.S.G., de 81 anos; M.J.T.P., de 78 anos; e M.N.N., de 70 anos, foron levado en ambulancia polo 061 ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de Lugo.