Beiras chama ao PP "panda de patibulario" por "desprezo" a vítimas de Angrois

Xosé Manuel Beiras
Foto: EUROPA PRESS
Actualizado: martes, 3 marzo 2015 15:44

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 3 Mar. (EUROPA PRESS) -

   O voceiro de Alternativa Galega de Esquerda, Xosé Manuel Beiras, acusou este martes de "panda de patibulario" ao Grupo Popular polo seu "recital de desprezo" ás vítimas do accidente de Alvia en Santiago ou aos enfermos de hepatite C evidenciado nas votacións. "Son xente indecente, desalmada", resaltou.

   Na súa comparecencia ante os medios posterior á xunta de voceiros, o veterano nacionalista proseguiu coas súas críticas ao PP para subliñar que "o 'yihadismo' está na Moncloa", só que "en vez de islámico" é "nacional católico". Neste punto, ironizou ao imaxinarse o ministro de Educación, José Ignacio Wert, co "informe das SS".

   Así mesmo, retrotrayéndose á época de Goberno de José María Aznar, Beiras recordou a súa "implicación" no golpe de Estado de Venezuela contra o exmandatario, agora falecido, Hugo Chávez.

   (HABERÁ AMPLIACIÓN)