Besteiro avala que Susana Díaz adiante comicios se "cre que chegou o momento" e di que a avalará "todo o PSOE"

El secretario xeral del PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, a la derecha
EUROPA PRESS
Actualizado: lunes, 26 enero 2015 14:06

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 26 Ene. (EUROPA PRESS) -

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, avala a decisión da presidenta da Xunta de Andalucía, Susana Díaz, de adiantar as eleccións na súa comunidade se ela "cre que chegou o momento" de que sexan os andaluces os que falen.

Ademais, subliñou que "todo o Partido Socialista estará en bloque a avalala" nesta decisión, que atribúe á devandita "convicción" sobre que "agora deben falar os andaluces", polo que descarta outras posibles motivacións.

"Se chega á convicción de que é o momento, debe facelo", sinalou Gómez Besteiro a preguntas dos xornalistas durante unha rolda de prensa despois dun almorzo informativo en Santiago.

O líder dos socialistas galegos rexeitou desta forma que se deba manifestar "ningún temor" para o adianto, competencia de Díaz na súa calidade de presidenta da Xunta andaluza.

Ademais, afirmou que non cuestiona a medida e que non cre que a súa opinión persoal ao respecto das causas poida "ser relevante", para incidir que Susana Díaz "dixo publicamente" que "o seu futuro pasa por Andalucía". "Outras explicacións non as atopo", remachou.