O Bispado de Tui-Vigo suprime a Orde e Mandato de San Miguel Arcángel

El lider de la secta de Oia, Feliciano Miguel Rosendo da Silva, sale del juzgado
EUROPA PRESS
Actualizado: lunes, 22 diciembre 2014 14:33

VIGO, 22 Dic. (EUROPA PRESS) -

O bispo de Tui-Vigo, Luis Quinteiro Fiuza, asinou este luns un decreto de supresión da Orde e Mandato de San Miguel Arcángel, cuxo fundador, Feliciano Miguel Rosendo da Silva, foi detido e enviado a prisión provisional e sen fianza, imputado por asociación ilícita e abusos sexuais.

No seu decreto, Quinteiro Fiuza sinala que na actualidade esta organización contaba con 26 membros baixo a responsabilidade "directa e inmediata" dun comisario, tras a expulsión do seu fundador por parte das autoridades eclesiásticas. O bispo aduce como motivo da supresión de Orde e Mandato o "grave escándalo causado ultimamente por algúns membros que se deron de baixa", en referencia aos 'miguelianos'.

No decreto, Quinteiro Fiuza trasladada o seu "fondo pesar" respecto ao "grave escándalo que ultimamente membros desta asociación, que se deron de baixa a raíz do nomeamento do comisario --que substituíu ao ata entón fundador e líder--, causaron non só nesta Diocese, en que exerceron a súa actividade, senón en toda España, con grande repercusión mediática".

Por iso, aínda que recordou que a Orde desenvolveu as súas actividades como asociación privada de fieis dende 2003 e como asociación pública de dereito diocesano dende 2009, comunicou que por esta "causa grave" decretou a supresión da asociación.

(HABERÁ AMPLIACIÓN)