O BNG avoga por incluír a Galicia no proceso soberanista

Xavier Vence interviene en el acto organizdo por el BNG en la Praza do Toural
Foto: EUROPA PRESS
Actualizado: sábado, 13 septiembre 2014 19:04
av2" class="NormalTextoNoticia" itemprop="articleBody">

Vence pide "romper as cadeas" co Goberno central, ao que acusa de destinar os recursos galegos a "rescatar ás eléctricas ou á banca"

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 13 Sep. (EUROPA PRESS) -

   O voceiro nacional do BNG, Xavier Vence, apostou por incluír a Galicia no proceso soberanista iniciado por rexións como Cataluña ou Escocia ao considerar que "o desenvolvemento do país, da economía produtiva, a creación de emprego e a verdadeira saída da crise" pasa por "ter máis ferramentas para decidir".

   Así se pronunciou este sábado o líder da formación nacionalista nun acto celebrado na Praza do Toural de Santiago de Compostela que, baixo o lema 'Polo dereito a decidir dous pobos', tivo como obxectivo mostrar o apoio do Bloque aos procesos soberanistas iniciados en Europa.

   "Compartimos os desexos do pobo catalán e escocés porque sabemos que o seu éxito, a súa vitoria, dará forzas e ilusión ao pobo galego para percorrer o seu propio camiño", manifestou no acto no que tamén participou a secretaria de Política Internacional do BNG, Ana Miranda, antes de asegurar que o percorrido soberanista en Galicia será "ao ritmo que o pobo queira".

   Neste sentido, considerou que Galicia "tamén quere estar neste proceso" porque "é consciente" de que "o desenvolvemento do país, da súa economía produtiva, a creación de emprego e a verdadeira saída da crise pasa por ter máis ferramentas para decidir".

"ROMPER AS CADEAS"

   Con este fin, Vence animou ás máis de cen persoas presentes no acto a "romper as cadeas de dependencia" co Goberno central que, segundo denunciou, "non fai políticas á medida das necesidades" de Galicia.

   E é que, conforme denunciou, Galicia padece "un auténtico espolio do seu aforro" como "consecuencia das políticas do Goberno Central e do Partido Popular", ao que acusou de destinar os recursos de Galicia a "ao rescate da banca, das eléctricas ou das empresas concesionarias das autoestradas radiais madrileñas".

   "Esta política de recentralización levada a cabo polo Partido Popular é algo nociva para o futuro do noso país, para o futuro de Galicia, por iso queremos reforzar o proxecto nacionalista e potenciar unha conciencia nacional na maioría social", apuntou.

   Tamén no obxectivo de incrementar a conciencia sobre ao necesidade dun maior soberanismo en Galicia, Vence enmarcou as asembleas abertas convocadas pola formación frentista en todos os municipios galegos. "Queremos facer un grande proxecto de maioría social para poder derrotar ao PP e construír un proxecto de futuro para este país", reivindicou.