O BNG esixe habilitar o ERTMS nos trens do Eixe Atlántico

Rosana Pérez, diputada del BNG
Foto: EUROPA PRESS
Actualizado: domingo, 1 marzo 2015 19:25

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 1 Mar. (EUROPA PRESS) -

   A deputada do BNG no Congreso, Rosana Pérez, esixiu á ministra de Fomento, Ana Pastor, que habilite o sistema de seguridade ERTMS nos trens do Eixe Atlántico e criticou o plan de Adif de que os trens, inicialmente, "só circulen baixo o sistema ASFA".

   "Despois do sinistro do Alvia a seguridade ferroviaria debería ser unha prioridade para fomento", considera a parlamentaria nacionalista na súa iniciativa presentada na Cámara baixa na que pide "explicacións" á ministra pola inclusión do ERTMS nestes trens.

   Neste sentido, Rosana Pérez censura o plan de Adif de que os trens só circulen co sistema ASFA entre A Coruña e Vigo e que se deixe o sistema ERTMS para o ano 2016. "O Ministerio parece non tomar nota do tráxico accidente do Alvia en Angrois", lamentou.

   Fronte a iso, considerou que a seguridade "debería ser unha prioridade" para Fomento. "Unha seguridade que que presupoñía que sería a prioridade do Ministerio e que implicaría a adopción de medidas preventivas como a mellor garantía par evitar accidentes de tan terribles consecuencias".

SEN ERTMS EN ANGROIS

   Así, recordou que na conexión Santiago-Ourense non estaba en servizo o dispositivo ERTMS no momento do sinistro de xullo de 2013. "Aínda que estaba instalado e os trens circulaban baixo o sistema ASFA, que resultou ser ineficaz en momentos de fallo humano,", apuntou.

   Segundo asegurou a dirixente nacionalista, moitos expertos sosteñen que de estar en funcionamento o ERTMS, "o accidente non se produciría ou sería de menor impacto". "Con estes antecedentes sobre a mesa", Rosana Pérez mostrou o seu "asombro" porque o Ministerio insista "no mesmo erro" e "poña a circular trens a 200 quilómetros co sistema ASFA".