O BNG insta a Fomento a aumentar os servizos ferroviarios A Coruña-Vigo pola "saturación" en días de fin de semana

Olaia Fernández Davila y Rosana Pérez, diputadas del BNG
CONGRESO
Actualizado: miércoles, 28 enero 2015 15:03

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 28 Ene. (EUROPA PRESS) -

As deputadas do BNG no Congreso, Rosana Pérez e Olaia Fernández Davila, presentaron unha iniciativa parlamentaria na Cámara Baixa para demandar ao Ministerio de Fomento que aumente os servizos ferroviarios no corredor do Eixe Atlántico entre A Coruña e Vigo, para atender a alta demanda existente, especialmente os venres e domingos.

As parlamentarias do BNG criticaron a "saturación" que sofren os servizos ferroviarios no Eixe Atlántico, en días como os venres e os domingos, cando máis viaxan os estudantes universitarios que realizan os seus estudios nos campus de Pontevedra, A Coruña, Vigo ou Santiago.

"Son numerosas as imaxes que circularon estes días por redes sociais e medios, con vagóns atestados de persoas, moitas delas de pé, sentadas no chan ou nos corredores do tren. Unha saturación que leva a deixar a equipaxe solta por tódalas partes, bloqueando portas ou corredores,", remarcou.

As deputadas do BNG criticaron os argumentos que ofrece Renfe porque "as explicacións da compañía non convencen" e se sitúan "no inmobilismo".

Reprocharon a Renfe que diga que "non hai problemas de seguridade" e engadiron que "sorprende" que "nun territorio como Galicia que non ten servizos de proximidade equipare os servizos de media distancia cos de proximidade ou cos autobuses urbanos para xustificar o inxustificable".