O BNG pide ao Goberno aumentar as partidas para loitar "con eficacia" contra a violencia de xénero

Olaia Fernández Davila, portavoz del BNG
EUROPA PRESS
Actualizado: sábado, 13 septiembre 2014 11:24

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 13 Sep. (EUROPA PRESS) -

A voceira do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, pedirá á ministra de Sanidade e Asuntos Sociais, Ana Mato, que se incrementen as partidas destinadas a loitar contra a violencia de xénero para facer fronte a esta lacra "con eficacia".

Diso informou o Bloque a través dun comunicado, no que detallou que a parlamentaria xa rexistrou unha proposición non de lei na que pon de relevo "as deficiencias, as insuficiencias e os problemas existentes" nesta materia.

Ante esta situación, Fernández Davila demanda que as partidas presupostarias aumenten en 2015 "polo menos un 40 por cento" e que se destinen fondos aos concellos para garantir os servizos de atención ás mulleres.

Así mesmo, incide na importancia de poñer en marcha campañas de sensibilización e de prevención na educación e na sanidade, tal e como establece a Lei integral de violencia de xénero.

A liña seguido, admite que 10 anos despois da súa aprobación, esta normativa pode "precisar modificacións", pero critica que "moitos dos seus apartados non se desenvolveron por falta de recursos".

"RECORTES"

Neste punto, advirte de que "os recortes realizados nos dous últimos anos", dende a chegada de Mariano Rajoy a La Moncloa, poñen de manifesto que "se"deixaron de lado as políticas destinadas a loitar contra esta lacra".

Finalmente, a nacionalista pon o foco nas oito mulleres asasinadas o pasado mes de agosto e, tras apuntar que algunha delas contaba cunha orde de afastamento, subliña que estes casos "deben ser investigados". "Hai que poñelo remedio", incide.