O BNG pide máis medios e prevención para combater o "terrorismo machista"

Bieito Lobeira, secretario de Organización del BNG
EUROPA PRESS
Actualizado: miércoles, 25 noviembre 2015 15:57

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 25 Nov. (EUROPA PRESS) -

O secretario de Organización do BNG, Bieito Lobeira, reclamou máis medios e actuacións en prevención para combater o "terrorismo machista".

"Non é día para chorar ou lamentarnos da violencia de xénero, do terrorismo machista", manifestou o responsable político, preguntado en relación a este 25 de novembro, Día contra a violencia machista.

"É un momento de reivindicar e dicimos claramente que non se están a poñer en marcha todo o preciso para acabar con esta lacra", indicou, ao respecto do que incluíu os "resortes no ámbito xudicial".