O BNG reclama no Parlamento que a información de Novacaixagalicia sexa en lingua galega

El Diputado Del BNG Bieito Lobeira
BNG
Actualizado: miércoles, 5 enero 2011 18:30

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 5 Ene. (EUROPA PRESS) -

O voceiro de Política Lingüística do Grupo Parlamentario do BNG, Bieito Lobeira, rexistrou unha Proposición non de lei no Parlamento galego na que reclama a incorporación da lingua galega á actividade de Novacaixagalicia.

Na iniciativa, o BNG pide ao Parlamento que inste a que a Xunta, en aplicación da legalidade vixente en materia de caixas de aforro, se dirixa a esta entidade financeira para "normalizar o uso da lingua galega" na documentación informativa, atención ao público, rotulado exterior da entidade, aplicacións informáticas, campañas publicitarias e caixeiros como opción inicial.

Así mesmo, para o parlamentario nacionalista, a Secretaría Xeral de Política Lingüística debe "colaborar na activación de programas de formación lingüística" dirixidas aos traballadores da entidade, así como aos seus directivos.