Un camión perde a súa carga tras envorcar em Vilagarcía (Pontevedra)

Publicado: lunes, 20 noviembre 2017 19:47

PONTEVEDRA, 20 Nov. (EUROPA PRESS) -

Un camión envorcou na tarde deste luns no municipio pontevedrés de Vilagarcía de Arousa, e perdeu a súa carga de pedras, que quedaron esparexidas pola vía.

Segundo a información da Central de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o suceso ocorreu sobre as 16,30 horas na estrada PO-305, preto da rotonda cara a Carril.

Como consecuencia do suceso, un dos carrís da vía quedou ocupado polas pedras, á vez que se produciu unha vertedura de hidrocarburos.

Até a zona foron mobilizados efectivos de Protección Civil, do Servizo de Emerxencias Municipal e a Garda Civil de Tráfico.