Case 7.000 traballadores de Galicia beneficiáronse da 'tarifa plana' de 100 euros para contratos fixos

Trabajador, oficina, teclado, ordenador
EUROPA PRESS
Actualizado: sábado, 25 octubre 2014 14:30

SANTIAGO/MADRID, 25 Oct. (EUROPA PRESS) -

A 'tarifa plana' de 100 euros para contratos fixos da que poden facer uso as empresas ou autónomos beneficiou a un total de 148.682 traballadores en España dende a súa posta en marcha, o pasado 25 de febreiro, segundo datos do Ministerio de Emprego, que indican que no caso de Galicia foron 6.910 os beneficiados.

Esta medida permite ás empresas contratar novos traballadores de forma estable cotizando á Seguridade Social 100 euros ao mes por continxencias comúns durante os dous primeiros anos.

A redución supón un aforro medio para o empregador de preto do 75% da cotización por continxencias comúns. Aplicada a un soldo bruto anual de 20.000 euros, a 'tarifa plana' implica as empresas un aforro de 3.520 euros anuais na cotización á Seguridade Social por cada novo emprego creado.

Unha vez pasados os dous primeiros anos, as empresas de menos de 10 traballadores poden beneficiarse gozar durante 12 meses máis dunha redución do 50% na cotización pola devandita continxencia.

A 'tarifa plana' pode aplicarse a todos os contratos efectuados dende o 25 de febreiro, cando entrou en vigor esta medida, ata o 31 de decembro deste ano.

DATOS POR CCAA

Dos case 150.000 traballadores contratados ata a data grazas á 'tarifa plana', a maioría concéntranse en Cataluña (31.559 beneficiarios) e Madrid (30.629).

Séguenlle Andalucía (18.990), Comunidade Valenciana (16.596), Galicia (6.910), País Vasco (6.801), Castilla e León (6.286), Baleares (5.181), Canarias (5.172), Aragón (4.264), Castilla-La Mancha (4.013), Murcia (3.094) e Asturias (2.776).

As rexións cun menor número de beneficiarios son Navarra (1.928), Cantabria (1.736), Extremadura (1.701), La Rioja (992) e as cidades autónomas de Ceuta (35) e Melilla (19).