Concello e Xunta farán unha auditoría sobre o estado da rede eléctrica de Santiago

Actualizado: martes, 16 septiembre 2014 14:54
av2" class="NormalTextoNoticia" itemprop="articleBody">

O rexedor compostelano acudirá este martes ao enterro da moza falecida a causa dunha descarga eléctrica

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 16 Sep. (EUROPA PRESS) -

   O Concello de Santiago, da man da Consellería de Economía e Industria, realizará de "forma inmediata" unha auditoría completa sobre o estado da rede eléctrica pública do municipio, para velar pola "seguridade" dos cidadáns, despois de que este domingo un farol do barrio compostelano de Vite provocase a morte dunha moza de 14 anos a causa dunha descarga eléctrica.

   Así o asegurou este martes o rexedor de Santiago, Agustín Hernández, quen recordou que a concesionaria desta instalación está a investigar as causas da descarga eléctrica "en coordinación" coa Policía e o xulgado e volveu reclamar "prudencia".

   A instalación que sufriu o "fallo", indicou Hernández, foi revisada por última vez no ano 2011, "de acordo coa normativa vixente", polo que contaba coa "conformidade" para o seu funcionamento ata a seguinte revisión, prevista en 2016.

   Aínda que "segundo a normativa a instalación está nas condicións correctas", o rexedor compostelano apuntou que a súa "preocupación como alcalde é a seguridade" dos veciños. Por iso, este luns acordou co conselleiro de Economía a realización dunha "auditoría completa de toda a rede pública" do municipio, que estará "coordinada polo Inega" e buscará "acreditar a seguridade" de toda a instalación.

ENTERRO

   Agustín Hernández acudirá na tarde deste martes ao enterro na localidade coruñesa de Muros da moza falecida tras sufrir a descarga nas festas de Vite.

   Este luns o rexedor achegouse ata o tanatorio para trasladar a familia da falecida "as condolencias de toda a cidade". "É tremendo, é imposible atopar palabras para unha familia destruída", explicou Hernández, quen tamén indicou que para el, na súa "condición de alcalde", esta situación é "dura" por ser "responsable desa instalación".