Condenan ao Banco CEISS a devolver 115.000 euros a un matrimonio da Coruña

Actualizado: viernes, 31 octubre 2014 15:01

A CORUÑA, 31 Oct. (EUROPA PRESS) -

   O Xulgado de Primeira Instancia de Reforzo da Coruña condenou ao Banco CEISS a pagar 115.000 euros a un matrimonio da Coruña tras anular a venda de subordinadas, segundo informa o despacho de avogados Pérez-Lema. A esta contía, sumaranse os intereses legais dende a contratación, en xullo de 2008.

   Segundo o despacho que levou a demanda, os afectados son un matrimonio, con estudios básicos e emigrantes en Suíza retornados. O xuíz estimou a "anulabilidade contracactual debido a que a información proporcionada polo director da oficina non foi adecuada nin suficiente", sinala sobre o contido do fallo.

   En concreto, sinala que a sentenza, contra a que cabe recurso, "ratifica a existencia dunha defectuosa información que vulnera a normativa financeira e de protección ao consumidor", sinala.

   Con esta, son seis as sentenzas estimatorias contra o Banco CEISS tramitadas por este bufete. Cinco delas refírense á antiga Caja España, tanto de participacións preferentes coma de obrigas subordinadas e unha referida á antiga Caja Duero pola comercialización de 70.000 euros de obrigas subordinadas a un comerciante xubilado.