A conselleira de Facenda anima a doar sangue

A conselleira de Facenda, Elena Muñoz Fonteriz, acompañada polo director xeral d
Foto: XUNTA/Photographer: xoán crespo
Actualizado: martes, 23 septiembre 2014 18:28
av2" class="NormalTextoNoticia" itemprop="articleBody">

Reucerda que os centros sanitarios precisan 500 doazóns de sangue diarias para levar a cabo axeitadamente o seu labor asistencial

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 23 Sep. (EUROPA PRESS) -

   A conselleira de Facenda, Elena Muñoz Fonteriz, doou sangue este martes nunha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia (CTG), ao tempo que animou aos galegos participar nas campañas de doazón e reivindicou a vital importancia da colaboración cidadá, así como a "solidariedade" cos enfermos.

   Antes de doar, acompañada do director xeral de Asistencia Sanitaria, Félix Rubial, e da directora do CTG, María Inmaculada Rodríguez Calvo, Muñoz destacou que o pobo galego é "solidario", e argumentou que a comunidade está dentro "das que maiores taxas de doazón ten (a terceira en taxa de doazón, por enriba dos índices nacionais).

   Con todo, advertiu de que as necesidades de compoñentes sanguíneos son constantes todos os días do ano, xa que os centros sanitarios precisan 500 doazóns de sangue diarias para levar a cabo axeitadamente o seu labor asistencial. Neste sentido, chamou a contribuír nunha iniciativa que ten "importancia máxima para todos".

DOAZÓN DE SANGUE

   Para doar sangue hai que cumprir unha serie de requisitos que pasan por ser maiores de 18 anos, pesar máis de 50 quilos e non padecer nin padecido enfermidades transmisibles pola vía sanguínea.

   Para posibilitar a participación cidadá, as unidades móbiles do CTG visitan esta semana case 40 concellos galegos e habilítase tamén a posibilidade de acudir aos locais de atención permanente ao doador das sete grandes cidades galegas.

MEDULA ÓSEA

   A Consellería de Sanidade tamén recordou á cidadanía da comunidade a importancia da doazón de medula ósea. Para tal efecto, o Sergas e a Fundación Josep Carreras teñen a disposición dos galegos unha páxina web 'http://galicia.medulaosea.org', que facilita os trámites de rexistro aos potenciais doadores.

   Poden ser doadoras de medula ósea as persoas de entre 18 e 55 anos que non padezan ningunha enfermidade que poida ser transmitida ou poñer en perigo a súa vida pola doazón.