Cortizo abre unha nova fábrica en Padrón (A Coruña) e crea 40 empregos

Interior de la nueva fábrica de Cortizo en Padrón
GRUPO CORTIZO
Actualizado: lunes, 15 septiembre 2014 12:05

Conta cunha inversión de 12 millóns de euros e unha capacidade de produción de 3.000 quilos á hora

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 15 Sep. (EUROPA PRESS) -

O grupo Cortizo abriu unha nova fábrica no polígono de Picusa, Padrón (A Coruña), na que xa produce sistemas de ventás e portas en PVC a pleno rendemento, e na que se crearon 40 postos de traballo.

Desta forma, a empresa galega convértese na primeira empresa en España en producir PVC, segundo informou o grupo Cortizo este luns nun comunicado.

Esta nova fábrica de 9.000 metros cadrados tivo unha inversión de 12 millóns de euros e conta cunha capacidade de produción de 3.000 quilos á horas. A multinacional galega aposta por un novo mercado co que reforza a súa gama de solucións e sistemas de aluminio para a arquitectura e industria.

Así as cousas, esta factoría conta con dez liñas de extrusión, onde se fabrica o perfil de PVC que despois pasa á área de foliado na que se recobre cun dos preto de 30 acabados que o cliente ten á súa disposición --con garantía a 10 anos-- para a súa posterior distribución.

Neste sentido, o director comercial de Cortizo PVC, David Baños, puxo en valor que estas instalacións "van ser o modelo de referencia" no mercado", onde se garante que o cliente recibe o seu pedido en menos de sete días. "Falamos da fábrica de PVC máis moderna do país", sinala.

Ao respecto, Baños indican que a empresa conseguiu alianzas estratéxicas con provedores líderes no sector como Roto Frank en materia de ferraxes. Así mesmo, destaca os estándares de calidade, os controis internos e o respecto ao medio como puntais da factoría.

GRUPO CORTIZO

O grupo empresarial Cortizo, que foi fundado en 1972 en Padrón, é o primeiro fabricante e distribuidor de sistemas en aluminio para a arquitectura e a industria de España e Portugal cun volume de venda de case 47.000 toneladas no último ano, no que tivo unha facturación de 284 millóns de euros.

A compañía está presente en 29 países e atópase inmersa nun proceso de internacionalización. Con esta nova factoría de Padrón xa conta con sete fábricas en España, así como outras dúas en Eslovaquia e Polonia. En 2015, prevé a apertura dunha nova planta de aluminio na localidade francesa de Chemillé.