Dados de alta outros dous pacientes afectados por brotes de lexionela en Lugo

Actualizado: miércoles, 26 noviembre 2014 15:42

LUGO, 26 Nov. (EUROPA PRESS) -

   Dados de alta outros dous pacientes afectados por brotes de lexionela en dúas residencias da terceira idade da provincia de Lugo, mentres que outros tres "evolucionan favorablemente" ingresados no Hospital Universitario Lucus Augusti.

   Segundo o parte médico facilitado este mércores, no HULA permanece ingresado un paciente da residencia pública das Gándaras de Lugo, que "evoluciona favorablemente".

   En canto á residencia privada San Salvador de Guntín (Lugo) continúan hospitalizados dous pacientes que, segundo o último parte médico, "tamén evolucionan favorablemente".

   En total, na residencia das Gándaras, dende o inicio do brote, foron oito os casos positivos contabilizados, dos cales sete xa foron dados de alta, mentres que outro paciente continúa hospitalizado.

   Pola súa banda, na residencia de Guntín suman cinco casos positivos contabilizados, dos que tres foron dados de alta, mentres que dous continúan hospitalizados.