O Debate sobre o Estado da Autonomía será o próximo mes de outubro

Debate Sobre El Estado De La Autonomía 2012 (Vista General Del Pleno)
EUROPA PRESS/XUNTA
Actualizado: sábado, 13 septiembre 2014 14:41

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 13 Sep. (EUROPA PRESS) -

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, solicitou ao Parlamento galego que a celebración do Debate sobre o Estado da Autonomía teña lugar o próximo mes de outubro.

Diso informou o Goberno galego a través dun comunicado, no que detallou que a petición xa foi rexistrada e que o propio conselleiro xa llela trasladou persoalmente á xefa do Lexislativo, Pilar Rojo.

Así as cousas, o debate de política xeral en Galicia coincidirá co ecuador da segunda lexislatura do presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, quen revalidou o seu cargo o 21 de outubro de 2012. O pasado ano, este debate anual celebrouse entre os días 15 e 17 de outubro.