O déficit de Galicia é de 427 millóns de euros ata xullo, un 0,74% do PIB

Actualizado: miércoles, 1 octubre 2014 15:20
av2" class="NormalTextoNoticia" itemprop="articleBody">

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 1 Oct. (EUROPA PRESS) -

   O déficit de Galicia é un 30,6% superior ao de hai un ano con 427 millóns de euros ata xullo, o que representa un 0,74% do Produto Interior Bruto (PIB), polo que se mantén por debaixo do obxectivo do 1% fixado para todo o ano.

   De acordo cos datos que publica o Ministerio de Hacienda e Administraciones Públicas, entre xaneiro e xullo de 2013 o dato de déficit na comunidade situábase en 327 millóns, un 0,58% do PIB.

   En canto a xullo deste ano, o déficit da Comunidade galega --a súa necesidade de financiamento-- foi de 215 millóns de euros, un 9,3% inferior ao do mesmo mes de 2013.

   Para o conxunto das comunidades, o acumulado reflicte un déficit de 10.475 millóns de euros, o que supón un 0,98% do PIB, fronte ao 0,77% no que se atopaba 12 meses atrás.

   Este mércores, a secretaria de Estado de Presupostos, Marta Fernández Currás, asegurou que as comunidades están a mellorar as súas cifras de déficit a pesar de que xa estean preto do obxectivo fixado para o conxunto do ano, que ascende ao 1% do PIB.

   Malia estas cifras, Currás asegurou que as comunidades están a mellorar "notablemente", igual que o Estado, mentres que as corporacións locais está a rexistrar un "magnífico comportamento". Ademais, recordou que o segundo semestre do ano adoita ser un período de "grande contención" en materia de gasto, o que ao seu xuízo axudará a cadrar as cifras.

EXECUCIÓN PRESUPOSTARIA

   Por outra banda, Facenda tamén difundiu cifras relativas á execución presupostaria en xullo, que sitúa a relativa aos gastos non financeiros de Galicia no 53,44% --sobre o presuposto inicial--.

   En canto aos gastos de capital, a execución presupostaria descende ao 32,1%, e nos gastos correntes a porcentaxe elévase ao 32,1%.

   Do lado dos ingresos, a execución na Comunidade galega atopa no 56,6% para os non financeiros, no 6,23% para os de capital e no 59,99% para os correntes.