Desaloxados do pleno da Coruña veciños do Ofimático

Actualizado: martes, 18 noviembre 2014 19:52

A CORUÑA, 18 Nov. (EUROPA PRESS) -

   Afectados polas expropiacións do Parque Ofimático da Coruña foron desaloxados do Pazo Municipal, tras exhibir, no salón de plenos, unha pancarta co lema 'Pikachu, Zeta, Ofimático' e reclamar unha "solución" ao alcalde, ante o próximo desaloxo da súa vivenda dun veciño.

   A protesta produciuse antes de que comezase o pleno e prolongouse durante varios minutos ata que finalmente os participantes, dos que algúns portaban caretas de 'Pikachu', foron desaloxados pola Policía Local.

   Nas portas do Pazo Municipal, os afectados, entre eles Álvaro Corral, ao que lle remitiron xa a orde de desaloxo "inminente", precisaron, volveron esixir ao alcalde, Carlos Negreira, unha "solución".

   Unha das veciñas, Pilar Santiago, sinalou que se lles bota á rúa "sen casa, sen diñeiro e endebedados, nalgúns casos ata os 200.000 euros", sentenciou en alusión á súa consideración como promotores na urbanización que se executará na zona.

   Tanto esta veciña como outros dos afectados denunciaron tamén o desaloxo "con malas formas e a empuxóns" do Pazo Municipal. No seu interior, tamén os edís do BNG portaron tamén posters co lema 'Contra o desaloxo no Ofimático'.