Desaloxan dous edificios en Poio polo incendio iniciado tras a rotura dunha tubaxe de gas

Publicado: viernes, 23 junio 2017 17:35

PONTEVEDRA, 23 Jun. (EUROPRA PRESS) -

Dous edificios situados na zona da Caeira, no municipio ponteverés de Poio, foron desaloxados este venres tras o incendio que se iniciou tras a rotura dunha tubaxe de gas, segundo informaron responsables da Garda Civil e de Policía Local.

Estas fontes explicaron que unhas 35 persoas tiveron que saír das súas casas como medida de precaución. Pola súa banda, ao resto de veciños da zona pedíuselles que pechen as xanelas e baixen as persianas.

Os bombeiros detectaron unha forte concentración de gases nos garaxes do edificio máis próximo á tubaxe incendiada. Ademais, os efectivos de emerxencias e técnicos de Gas Natural aínda non sinalaron a causa do accidente.

Segundo informou o CAE 112 Galicia foi un particular o que alertou ao dez desta mañá dun incendio na rúa Río Oitavén á altura do número 14.

Ao chegar ao lugar, os efectivos de emerxencias atopáronse cunha gran labarada que alcanzaba o catro metros de altura e algunhas fortes explosións provocadas pola rotura dunha tubaxe da condución do gas cidade.

Tamén foron mobilizados o GES de Sanxenxo, bombeiros de Ribadumia, Policía Local e Protección Civil así como unha ambulancia do 061 aínda que xa se avisaba de que non había feridos. Tampouco foi necesario desaloxar aos veciños, aínda que a rúa permanece cortada.

Os bombeiros conseguiron apagar as lapas ás 11,15 horas. Nestes momentos os técnicos están a traballar na zona que segue acordoada.