Desaparecida unha persoa tras a derruba dunha vivenda en Cotobade (Pontevedra)

Publicado: viernes, 19 septiembre 2014 20:20

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 19 Sep. (EUROPA PRESS) -

Efectivos de emerxencias tratan de localizar un obreiro que quedou atrapado entre os entullos dun edificio en construción que se derrubou na localidade pontevedresa de Cotobade.

Segundo informou a Central de Emerxencias 112-Galicia, o suceso aconteceu sobre as 18.20 horas deste venres cando, por causas que aínda se descoñecen, se derrubou unha casa de nova construción no ámbito da estrada N-541, na parroquia de San Xurxo de Sacos.

Ata o lugar do suceso desprazáronse efectivos dos parques de Bombeiros do Salnés e Pontevedra, así como un equipo de Urxencias Médicas 061-Galicia, Garda Civil e Garda Civil de Tráfico.

Aínda que nun principio se creu que se buscaba dous obreiros, efectivos de emerxencias apuntaron que buscan unicamente unha persoa. Así mesmo, outro traballador resultou ferido na derruba, que afectou tamén a dous vehículos estacionados ante a casa.