Detido por fuxir dun control e conducir de forma temeraria ata perder unha roda

Detido un vigués cuxo coche acabou sen unha roda
REMITIDA
Actualizado: lunes, 23 octubre 2017 15:34

VIGO, 23 Oct. (EUROPA PRESS) -

Axentes da Garda Civil do Porriño detiveron a un veciño de Vigo de 26 anos, con antecedentes por delitos contra a seguridade viaria e co carné retirado tras perder todos os puntos, por darse á fuga nun control policial, chocar cun coche aparcado e seguir conducindo de forma temeraria ata quedar sen unha das rodas.

Tal e como informou o Instituto Armado, os feitos ocorreron este domingo nun control de Tráfico situado na estrada PO-325, onde o condutor dun BMW 318 deuse á fuga para evitar o control.

Circulando de forma temeraria, o home chocou contra un coche aparcado na estrada de O Vao, aínda que continuou a marcha ata perder o control cando se incorporaba á PO-552, onde quedou sen unha das rodas traseiras ao impactar contra un bordo.

O condutor, que responde as iniciais F.V.S., foi detido por condución temeraria ao pór en grave perigo a outros usuarios da vía, e as dilixencias instruídas foron remitidas ao Xulgado de Instrución número dous de Vigo.