Actualizado: lunes, 19 marzo 2018 12:23

LUGO, 19 Mar. (EUROPA PRESS) -

Un home permanece detido na Comandancia da Guardia Civil de Lugo á espera de pasar a disposición do xulgado de garda de Chantada acusado da morte a golpes do seu pai no municipio de Monterroso (Lugo).

Segundo explicaron fontes da investigación, os feitos producíronse o domingo pola noite, sobre as 22,00 horas, na parroquia de Esporiz, no municipio lucense de Monterroso.

O falecido de 79 anos presenta golpes e supostamente faleceu vítima das "puñadas e patadas" do seu fillo. O xulgado decretou o segredo de sumario en relación a estas actuacións.

O crime produciuse, segundo apuntan as mesmas fontes, após unha discusión entre ambos no domicilio que compartían na parroquia de Esporiz de Monterroso.