Detido un home na Coruña con máis de 140 plantas de marihuana nun piso

NOTA DE PRENSA
EUROPA PRESS/POLICIA
Actualizado: lunes, 1 septiembre 2014 20:40

A CORUÑA, 1 Sep. (EUROPA PRESS) -

Axentes do Corpo Nacional de Policía detiveron na Coruña a un home que mantiña unha plantación de máis de 140 plantas de marihuana nun piso da súa propiedade, segundo informa a Xefatura Superior de Policía de Galicia.

O detido, ao que se lle imputa un delito contra a saúde pública, acudía só ao piso para o coidado das plantas de marihuana. Para iso, chegara a establecer un dispositivo automático de rego e ventilación da plantación que se podía observar dende a vía pública.

Ademais, tiña manipulada a instalación eléctrica no piso onde mantiña a plantación. Durante a investigación policial foron incautadas as plantas de marihuana, un peso de precisión, diversa documentación relativa ao cultivo da marihuana, así como diñeiro en efectivo.

Tamén se localizaron dúas armas longas (un subfusil e unha escopeta) e cinco armas curtas (tres pistolas, un revólver e unha pistola de tiro deportivo), con numerosa munición de distintos calibres, e un machete. Ao arrestado, constáballe unha detención previa por feitos semellantes.