Presentan unha moción de censura contra o alcalde de Boimorto

Actualizado: viernes, 31 julio 2015 20:14

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 31 Jul. (EUROPA PRESS) -

   Os cinco edís do PPdeG e outro máis que agora pertence ao Grupo Mixto rexistraron unha moción de censura contra o alcalde de Boimorto (A Coruña), o nacionalista José Luis Rivas Cruz. Argumentan "inestabilidade" e recordan que o edil que foi nas lista dos socialistas, José Beado Casal, nunca chegou a estar nese grupo.

   "É por iso que, os aquí asinantes, propoñen a presente moción de censura, ao alcanzar o PP a maioría dos votos con cinco concelleiros e aproximadamente un 44 por cento dos votos que distan do 19 por cento obtido polo BNG", subscriben no texto da moción de censura, ao que tivo acceso Europa Press.

   Fontes municipais consultadas apuntaron que a moción será sometida a unha "consulta xurídica" para dilucidar se se trata dun caso de transfuguismo, en cuxo caso non sairía adiante.