Excontable da Catedral estima que faltaba anualmente o 10% dos fondos

Juicio por el robo del Códice en Santiago.
Foto: EUROPA PRESS
Actualizado: lunes, 26 enero 2015 11:52

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 26 Ene. (EUROPA PRESS) -

   O excontable da Catedral de Santiago Pedrón Ceán asegurou este luns que a información económica na basílica compostelana "non se trasladaba na súa totalidade", dado que existía un "silencio" en torno a este tipo de cuestións, e estimou que os desaxustes detectados supoñían a subtracción de en torno ao 10 por cento anual da caixa da Catedral.

   Pedro Ceán declarou como testemuña na primeira xornada da segunda semana do xuízo polo roubo do Códice Calixtino, que acolle os xulgados de Santiago e no que están acusado José Manuel Fernández Castiñeiras, a súa muller e o seu fillo.

   Na súa declaración, a cuarta deste luns, Pedro Ceán sinalou que informou dende a súa chegada ao posto de contable dos desaxustes que se producían entre o diñeiro en caixa e o que reflectía a contabilidade, o que indicaba que "faltaba diñeiro".

   Non obstante, o administrador non realizou os arqueos mensuais que lle recomendou e tardou varios anos en admitir que esas faltas se estivesen a producir. Cos primeiros datos, Manuel Iglesias aseguroulle que tiña que haber "un erro" e chegou a dicirlle que o programa informático que puxera en marcha "contaba mal".

(HABERÁ AMPLIACIÓN)