A exposición 'Auga Doce' finaliza con máis de 40.000 visitantes despois de seis meses no Museo Centro Gaiás

Actualizado: lunes, 15 septiembre 2014 17:47

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 15 Sep. (EUROPA PRESS) -

A exposición 'Auga Doce' rexistrou máis de 40.000 visitantes despois de estar seis meses aberto ao público no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura, en Santiago.

A través dun comunicado, a Consellería de Cultura e Educación destacou "a boa acollida" da mostra multidisciplinar composta por 700 obras que finalizou o domingo.

Ademais desta exposición, a Cidade da Cultura realizou un "amplo" programa de actividades paralelas á exposición, como xornadas de portas abertas, actividades para nenos, concertos, xornadas académicas e visitas didácticas, as cales achegaron 7.800 escolares.

Así, a mostra colaborou con organizacións humanitarias --Pozos de Auga Mayo Rey e Acción Contra el Hambre-- dedicadas a construír pozos nunha zona desfavorecida de Camerún e a promover o acceso a auga potable, respectivamente.

A Consellería resaltou algunhas visitas "ilustres" que acolleu a exposición como a embaixadora de Australia, Jane Hardy; o artista francés Christian Boltansky; ou o escultor Martín Chirino.

O Museo Centro Gaiás estreará en novembro un nova exposición centrada na celebración do 25 aniversario do cinema en Galicia. Posteriormente, en marzo de 2015, estreará a "grande mostra" dedicada ao Camiño de Santiago.