O expresidente González Laxe advirte de que recortar en educación é "o peor que pode facer un goberno"

El expresidente de la Xunta Fernando González Laxe
EUROPA PRESS
Actualizado: miércoles, 23 julio 2014 13:17

SANTIAGO DE COMPOSTEla, 23 Jul. (EUROPA PRESS) -

O expresidente da Xunta Fernando González Laxe advertiu de que recortar en educación e, en concreto, en materia universitaria, é "o peor que pode facer un goberno", se ben opinou que as universidades "teñen que xestionar mellor os seus recursos".

Así respondeu González Laxe á pregunta sobre a situación da Universidade de Santiago de Compostela (USC), que este martes presentou ao conselo de Goberno da institución unha proposta de traballo económico que ten como obxectivo principal eliminar nos próximo catro anos o déficit acumulado, que se prevé que a finais de 2014 chegue a 14 millóns de euros.

A este respecto, quen foi titular do Executivo autonómico entre os anos 1987 e 1990, que este mércores presentou o oitavo documento do Foro económico de Galicia, denominado 'Galicia: bases para unha estratexia marca-país e liñas de traballo para a súa acción exterior', aseverou que quen sexa "cicatero" cos presupostos universitarios "está a atentar contra o futuro de Galicia".

Non obstante, recoñeceu que, anos despois da creación das universidades galegas, este é "bo momento para reflexionar" sobre os "pasos" que debe tomar o sistema universitario da comunidade, ámbito no que recomendou "especialización" fronte á duplicidade de titulacións.

"Que esquezan Bolonia e vaian ao que é a universidade. Boas clases, traballo en rede e fomento do talento e desenvolvemento tecnolóxico", aconsellou, para finalizar.