Extinguido o incendio o Carballeda de Valdeorras (Ourense)

Actualizado: martes, 26 agosto 2014 20:46
av2" class="NormalTextoNoticia" itemprop="articleBody">

OURENSE, 26 Ago. (EUROPA PRESS) -

   O incendio que dende este luns afectaba a parroquia de Candeda, no municipio ourensano de Carballeda de Valdeorras, quedou extinguido ás 18,55 horas deste martes, tras calcinar unhas 60 hectáreas, na súa maioría de monte raso.

   Aínda que nun primeiro momento a estimación de superficie afectada se chegou a elevar ás 80 hectáreas, finalmente a Xunta estableceu nunhas 60 hectáreas a dimensión do perímetro afectado polas lapas, que non obstante deberá ser confirmado polos técnicos.

   O lume iniciárase ás 20,14 horas do luns. Nos traballos de extinción deste incendio participaron tres técnicos, sete axentes forestais, 25 brigadas, 13 motobombas, dúas pas, cinco helicópteros e catro avións.