Extinguido o incendio forestal rexistrado en A Mesquita (Ourense)

Actualizado: martes, 2 septiembre 2014 20:42
av2" class="NormalTextoNoticia" itemprop="articleBody">

OURENSE, 2 Sep. (EUROPA PRESS) -

   O incendio forestal rexistrada este martes no municipio ourensano da Mesquita quedou extinguido tras queimar unhas 32 hectáreas de superficie rasa en Rede Natura.

   Segundo informou a Consellería de Medio Rural e do Mar, o lume iniciouse ás 00,47 horas deste martes na parroquia de Cádavos, na Mesquita, e quedou extinguido ás 15,36 horas.

   As estimacións provisionais apuntadas por medio Rural sitúan a superficie afectada nunhas 32 hectáreas rasas, todas elas situadas en Rede Natura.

   Nos traballos de extinción deste incendio forestal na provincia ourensana participaron tres axentes forestais, nove brigadas, cinco motobombas e unha pa.