Extinguido un incendio nas inmediacións do castelo de Monterrei logo de queimar dúas hectáreas

Publicado: martes, 21 agosto 2018 19:53

OURENSE, 21 Ago. (EUROPA PRESS) -

Un incendio forestal declarado na tarde deste martes nas inmediacións do castelo de Monterrei (Ourense), foi extinguido após queimar unhas dúas hectáreas.

Segundo informa a Consellería de Medio Rural a Europa Press, o lume comezou ás 13,07 no municipio de Verín, na parroquia homónima, e extinguiuse ás 14,00 horas. Arderon 1,77 hectáreas de monte raso e 0,3 hectáreas de arborado.

Entre outros medios, nas tarefas de extinción actuaron catro helicópteros, dous avións, tres motobombas, nove brigadas e tres axentes.

Case toda a provincia de Ourense atópase este xoves en risco extremo por incendio, do mesmo xeito que boa parte de Galicia, nunha xornada con aviso amarelo por calor.