Falece atropelada por un camión na AP-9 en Portas, tras abandonar o coche co que sufriu un accidente

Publicado: viernes, 21 septiembre 2018 14:49

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 21 Sep. (EUROPA PRESS) -

   Unha muller faleceu este mediodía na autoestrada AP-9 á altura da localidade pontevedresa de Portas, tras ser atropelada por un camión, ao abandonar o coche co que chocara contra a varanda.

   Así o informou o servizo de emerxencias do 112 Galicia, que tivo constancia do sinistro ao redor das 13,30 horas, a través das chamadas de alerta de varios particulares. O sinistro produciuse no quilómetro 112, en dirección sur, á altura de Lantaño.

   O coche no que viaxaba a muller saíuse da vía e chocou, segundo a información dispoñible do 112, contra a varanda. A muller puido abandonar o coche polo seu propio pé. Con todo, nese momento, foi atropelada por un camión que circulaba pola AP-9.

   Até o lugar, desprazáronse efectivos dos bombeiros de Vilagarcía de Arousa e de Valga, de Protección Civil de Portas e da Garda Civil, ademais dos servizos sanitarios.

   Un dos carrís de circulación permanece pechado no lugar no que se produciu o accidente.