Falece o exalcalde de Muros (A Coruña) Domingos Dosil

Domingos Dosil
COGAMI
Actualizado: lunes, 6 febrero 2012 15:20

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 6 Feb. (EUROPA PRESS) -

Domingos Dosil, exalcalde da localidade coruñesa de Muros e expresidente da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami), faleceu este domingo.

Así o confirmaron a Europa Press fontes de Cogami, entidade da que foi membro fundador e presidente durante 17 anos, que explicaron que está sendo velado no compostelano Tanatorio de Boisaca.

A raíz desta noticia, Cogami fixo público o seu "máis fondo pesar" polo falecemento de Dosil, quen, asegurou, foi "exemplo de coraxe e constancia na defensa dos dereitos das persoas con minusvalidez".

"Sen Domingos Dosil é imposible imaxinar a evolución da situación social das persoas con minusvalidez e do movemento asociativo que as representa", indican dende Cogami.