Falece un traballador nun polígono industrial do Porriño (Pontevedra)

Actualizado: lunes, 28 julio 2014 19:21
av2" class="NormalTextoNoticia" itemprop="articleBody">

PONTEVEDRA, 28 Jul. (EUROPA PRESS) -

   Un traballador faleceu a mañá deste luns nun polígono industrial do Porriño (Ponteevdra) tras ser atropelado por un camión que estaba a dar marcha atrás.

   Segundo informou o Centro de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o operario faleceu esta mañá tras ser alcanzado por un camión que estaba a dar marcha atrás no Polígono Industrial da Granxa.

   Testemuñas do accidente que deron a voz de alerta confirmaron que o ferido xa estaba liberado, pero que, con todo, necesitaba de asistencia sanitaria urxente.

   Ás 12,10 horas deste luns, un particular solicitou axuda ao Centro de Atención a Emerxencias 112-Galicia, que informou a Urxencias Médicas, Garda Civil e Protección Civil do Porriño.