Sanidad autoriza a venda da vacina da meninxite B nas farmacias

Actualizado: jueves, 28 mayo 2015 15:10

SANTIAGO DE COMPOSTEla, 28 May. (EUROPA PRESS) -

   O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou que o Ministerio de Sanidade decidiu autorizar a venda da vacina da meninxite B en todas as farmacias españolas, a cal poderá estar lista no prazo "duns meses", en torno a dous ou tres.

   Tras a reunión do Consello da pasada semana, Feijóo xa dixera que Galicia estudaría facilitar esta vacina se o ministerio mantiña a prohibición da venda nos despachos de farmacia.

   A preguntas dos xornalistas unha semana despois desas declaracións, o mandatario autonómico afirmou que o pasado luns mantivo un contacto co ministro aproveitando a súa viaxe a Madrid e que, este mesmo mércores, o ministro Alfonso Alonso lle confirmou a decisión de autorizar a vacina.

   Sobre se se incorporará ao calendario de vacinas, Feijóo recordou que esta decisión tmariase no seo do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde (SNS), no que están representadas todas as comunidades, e que, polo tanto, implicaría a toda España