Feijóo celebra "a superación da división" e avoga por traballar "no proxecto colectivo" de Europa

Alberto Núñez Feijóo comparecerá en rolda de prensa para dar conta dos asuntos t
XUNTA/CONCHI PAZ
Publicado: viernes, 19 septiembre 2014 12:39

A CORUÑA, 19 Sep. (EUROPA PRESS) -

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, celebrou a "superación da división" en Escocia, tras vencer o 'non' no referendo sobre a independencia e avogou por seguir traballando "no proxecto colectivo" de Europa.

A preguntas dos xornalistas, antes de asistir ao acto conmemorativo dos 25 anos da Universidade da Coruña (UDC), dixo que, para todos os que creen en Europa, "é a mellor noticia".

"A superación do clima de división que se vía en Escocia, entre os británicos", engadiu Feijóo, quen apostou "por seguir traballando na Unión Europea". "Un proxecto colectivo", recalcou ao reclamar tamén que Europa "fale cunha soa voz".

Neste sentido, defendeu a necesidade de unirse "para seguir xuntos nas dificultades". "Como europeo, como español e como galego así o sinto", manifestou.

Preguntado se o referendo de Escocia podería aplicarse en Cataluña, indicou que "non falamos diso". "A Escocia xa lle gustaría ter as competencias que ten Galicia", apostilou.

RUEDA: "CELEBRAMOS O RESULTADO"

Na mesma liña pronunciouse o vicepresidente e secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, quen subliñou que os populares "celebran" o resultado porque entenden que é o "mellor" que se podía producir.

Para unha análise "máis detallado", o número dous do PP galego remitiu o pronunciamento que realice o partido no ámbito nacional.