Feijóo confía en Rajoy para "reconstruír" os votos perdidos

 Alberto Núñez Feijóo comparecerá en rolda de prensa para dar conta dos asuntos
XUNTA/CONCHI PAZ
Actualizado: jueves, 28 mayo 2015 15:13

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 28 May. (EUROPA PRESS) -

O presidente da Xunta e do PP galego, Alberto Núñez Feijóo, confiou en que o seu xefe de filas nacional, Mariano Rajoy, será capaz de "reconstruír" o voto que os populares perderon nestas eleccións, e afeou que outros baróns ou dirixentes lle dean "consellos" antes de facer "autocrítica".

Na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, e despois de que este mércores reivindicase a súa "lealdade" cara ao seu xefe de filas, Feijóo afirmou que Rajoy é un "presidente ao que non lle tremeu a man na reconstrución do seu país" e, neste sentido, remarcou que "lle corresponde reconstruír o voto" perdido.

Feijóo, que esta tarde reúne ao seu comité de dirección tras o cal, avanzou, explicaranse as decisións que "alí se acorden", insistiu en que a "autocrítica debe empezar por un mesmo", dende os concellos e comunidades, antes de trasladala ao ámbito nacional, e rexeitou pronunciarse sobre se os cambios deben limitarse a ministros ou tamén ao partido e á propia secretaria xeral, María Dolores de Cospedal.

(HABERÁ AMPLIACIÓN)